Aida Lozano
Realiza os seus estudos oficiáis, na especialidade de trompa, nos Conservatorios Profesional e Superior de A Coruña, para continuar os de posgrao no Conservatori Liceu de Barcelona. Posteriormente finaliza o Master en Interpretación en música clásica e contemporánea na Escola Superior de Música de Cataluña, baixo a tutela de José Vicente Castelló. Ao mesmo tempo, iníciase na trompa natural da man de Jorge Rentería.
Gran parte da súa formación e paixón pola música débese ás bandas de música das que foi integrante e a orquestra xoven da Sinfónica de Galicia. Esto levouna a participar con outras orquestras españolas e galegas (OSG, OSPA, GAOS, etc) e en Festivais internacionais (Suecia, Holanda, Francia…).
En canto a súa formación solística e de cámara, recibeu clases de grandes músicos como son Michael Thompson, Vlatkovich, Froydis Ree Wekre J.J.Justafré, E.Terwilliger, entre outros; e colaborou con grupos de cámara como son o Cuarteto Casals, ou o grupo de ventos Moondwinds, etc. Ademáis, é membro fundadora do Cuarteto de trompas femenino CatroCores, co que levan a cabo unha intensa actividade por toda Galicia.
Actualmente imparte clases de trompa no Conservatorio Superior de Música de A Coruña, traballo que compaxina cos seus estudos de doutorado na Universidade Politécnica de Valencia e a producción de Ópera estudio Cedeira.