Formación musical para o mundo profesional

Opera Studio Cedeira

Do  22 ao 31 de Agosto, terá lugar o cuarto curso de perfeccionamento musical en Cedeira (A Coruña) que, baixo o formato de «Opera Studio», culminará coa representación da ópera «The fairy Queen», de H. Purcell (1659-1695).
Mediante unha selección de candidatos (maiores de idade), aos distintos roles da ópera, así como dos compoñentes do coro e da orquestra, a Opera Studio incluirá, ao longo de 10 dias, clases individuais (cantantes) e colectivas, así como ensaios escénicos e musicais.
Este ano dividiremos o traballo en varios obradoiros, que se levaran a cabo en dous momentos diferentes. O obradoiro vocal entre as datas do 19 ao 22 de Xuño, no concello de Redondela. O obradoiro escenico, orquestral e baixo continuo realizaranse en Cedeira entre as datas do 22 ao 31 de Agosto.
O curso non terá coste algún para o alumnado seleccionado durante a estancia en Cedeira, salvo as viaxes e as comidas. No caso de precisar aloxamento, hai a posibilidade de aloxarse nun albergue en condicións básicas (compartindo espazos). Se desexaran outro de mellor calidade, poden contactar coa organización para axudarlles a buscalo, pero sen apoio financeiro. Para o obradoiro vocal non ofreceriamos posibilidade de aloxamento.

PARA MAIS INFORMACIÓN SOBRE PRAZAS E PROFESORADO PULSADE NO APARTADO ESPECIFICO QUE APARECE NA PARTE INFERIOR DA PÁXINA

Obradoiro Vocal

Centrado no traballo vocal das Arias da Ópera traballada

Obradoiro de Interpretación

Centrado no traballo escénico da Ópera traballada

Obradoiro de Baixo Continuo

Centrado no traballo de baixo continuo da Ópera traballada

Obradoiro Orquestal

Centrado no traballo orquestral da Ópera traballada