Formación musical para o mundo profesional

Oli Xiraldez Río

Oli Xiráldez Río (Redondela 1970) Gaiteiro e artesán de instrumentos de vento.
Aprendeu o oficio da fabricación de gaitas entre os anos 1990 e 1993 cos mestres Antón e Carlos Corral no Obradoiro Escola de Gaitas e Zanfonas da Universidade Popular de Vigo, e dende ese ano dedícase á construción artesanal de instrumentos de vento da tradición musical galega.
No ano 1993 funda o obradoiro de gaitas e frautas “OLI XIRÁLDEZ” na súa casa natal en Redondela, e o ano seguinte participa na primeira edición da “Mostra de instrumentos de música tradicional de Pardiñas”.
No ano 1995 perfecciona a súa formación na construción de requintas e outras frautas traveseiras no Obradoiro da Deputación de Lugo cos mestres Xesús e Luciano Pérez.
En abril de 2001 trasládase á parroquia de Calo no Concello de Teo onde segue traballando na actualidade.
A actividade principal do obradoiro é a construción de gaitas e frautas tradicionais, ademais, nos últimos anos está desenrolando unha sección de reprodución de instrumentos de vento históricos (frautas renacentistas e barrocas, chirimías, oboes barrocos e clásicos, fagotes, musette barroca…) Paralelamente ten unha dilatada traxectória como instrumentista de gaita, requinta e outras frautas traveseiras de sistema simple, en grupos como Chouteira, Tintafemia, Carapaus, Aire Xulia, Os Carambolos, O.C.T. Ultreia, Fondaos do Pífaro, Armadanzas de Laraño…
Entre os anos 1990 e 2001 tocou, a gaita no acompañamento da Danza das Espadas e as Penlas de Redondela, que se baila anualmente na celebración das festas da Coca.
Participou en publicacións colectivas como «Treboada Galega» (Gaiteiros da Xistra 2012) ,«Congreso Faustino Santalices» (Difusora das letras, artes e ideas 2011) e Seminario de Estudos Redondeláns (Boletín nº7-2017) con artigos relativos á construción e recuperación de instrumentos e melodías tradicionais galegas.
Ademáis adícase a impartir obradoiros de cultura e artes tradicionáis (Construcción de instrumentos, Enredos sonoros, Construcción de palletas, Treboada, Maios….).
Dende o ano 2006 é membro da directiva da Asociación de Gaiteiras Galegas