Opera Studio Cedeira
Do 25 ao 30 de Agosto, terá lugar o primeiro obradoiro de lutheria da Opera Studio Cedeira. Percorreremos todo o proceso da construción dun traverso barroco, dende a escolla e deseño do modelo, a selección dos materiais ,o cilindrado e torneado das distintas pezas, a elaboración da chave, o furado e tallado da embocadura e os buratos tonais até a entoación e afinado do instrumento.
Número de participantes activos.-5 (poderá participar calquera persoa como oínte até completar o aforo da aula)
Os participantes activos quedaranse co instrumento fabricado por eles ó rematar o curso.
Os participantes activos deberán de ter uns mínimos coñecementos e habilidades no traballo da madeira.
Lugar.- Cedeira, Sala Ancora
Data.- Do 25 ao 30 de Agosto
Prezo.- 500 €
Ao finalizar o curso o alumno se quedará co traverso valorado en 1200€
A organización sufraga os gastos do profesorado
Tamén se ofrece a posibilidade de aloxarse nun albergue en condicións básicas (compartindo espazos). Se desexaran outro de mellor calidade, poden contactar coa organización para axudarlles a buscalo, pero sen apoio financeiro. INFORMACIÓN SOBRE PRAZAS E PROFESORADO PULSADE NO APARTADO ESPECIFICO QUE APARECE NA PARTE INFERIOR DA PÁXINA