Opera Studio Cedeira
Do 9 ao 22 de Xullo, terá lugar o cuarto curso de perfeccionamento musical en Cedeira (A Coruña) que, baixo o formato de «Opera Studio», culminará coa representación da ópera «Coronis», de Sebastian Durón (1660-1716).
Mediante unha selección de candidatos (maiores de idade), aos distintos roles da ópera, así como dos compoñentes do coro e da orquestra, a Opera Studio incluirá, ao longo de 14 dias, clases individuais (cantantes) e colectivas, así como ensaios escénicos e musicais.
Este ano dividiremos o traballo en varios obradoiros, que se levaran a cabo en dous momentos diferentes. O obradoiro vocal entre as datas do 19 ao 21 de Xuño, no concello de Redondela. O obradoiro escenico, orquestral e baixo continuo realizaranse en Cedeira entre as datas do 9 ao 22 de Xullo.
O curso non terá coste algún para o alumnado seleccionado durante a estancia en Cedeira, salvo as viaxes e as comidas. No caso de precisar aloxamento, hai a posibilidade de aloxarse nun albergue en condicións básicas (compartindo espazos). Se desexaran outro de mellor calidade, poden contactar coa organización para axudarlles a buscalo, pero sen apoio financeiro. Para o obradoiro vocal non ofreceriamos posibilidade de aloxamento.
Requisitos para a selección:
Cantantes: Enviar unha grabación en video de duas arias contrastantes do período barroco. Unha aria obrigatoriamente Español, podendo ser da propia Opera
Instrumentistas: Enviar unha grabación en video de dous andamentos contrastantes do final do século XVII e/ou inicio do século XVIII (ata 1750)
PARA MAIS INFORMACIÓN SOBRE PRAZAS E PROFESORADO PULSADE NO APARTADO ESPECIFICO QUE APARECE NA PARTE INFERIOR DA PÁXINA
Obradoiro Vocal
Centrado no traballo vocal das Arias da Ópera traballada
Obradoiro de Interpretación
Centrado no traballo escénico da Ópera traballada
Obradoiro de Baixo Continuo
Centrado no traballo de baixo continuo da Ópera traballada
Obradoiro Orquestal
Centrado no traballo orquestral da Ópera traballada